Desde tempos inmemoriais, os bros tiveron que rexerse por unhas normas para poderen subsistir. Esas normas, finalmente, ficaron escritas no brocumento máis abraiante de todos os tempos: O Código dos Bros. Nel figuran todas as normas, regras e consellos para un correcto comportamento entre bros e deles coas raparigas. 150 artigos cheos de sabedoría que todo bro debe cumprir para ser considerado tal.

Aquí tendes unha tradución ao galego normativo de todos os artigos, para que todos os bros galegos teñamos a posibilidade de seguir as normas que unen os bros de todo o mundo. O Código dos Bros, por fin, na lingua dos bros e xenerosos.

O Código dos Bros, cuxo título orixinal é The Bro Code, é un libro sacado da serie How I Met Your Mother (Como coñecín a vosa nai). Barney Stinson, un dos personaxes máis carismáticos, cítao en numerosos episodios, e mesmo o mostra nun deles. Nesta tradución ofrézovos todos os artigos que compoñen o código, mais sen os textos anexos, os gráficos, os deseños, e todo aquilo polo que paga a pena ter a versión orixinal. Existe, aliás, unha versión do código recitada polo propio Neil Patrick Harris (actor que encarna a Barney Stinson).

brocode

O.Codigo.dos.Bros.(The.Bro.Code).galego.por.AmilGZ.pdf